Hoxe, mércores 27 de novembro de 2013, preséntase na nosa librería o libro O bosque é grande e profundo do autor lugués Manuel Darriba.
No acto contaremos coa participación de Xabier Cordal, Fran Alonso e o propio Manuel Darriba.
Tal e como comentan na contracapa do libro, “O bosque, eido primario onde a natureza impón o seu poder, está a ser penetrado por hordas de refuxiados de guerra. Proceden da Cidade, trasunto de civilización sepultada baixo a barbarie. Dous irmáns-paradigma, Hans e Greta, encarnan de seu a aprendizaxe da crueldade e o asedio á inocencia. Obra polimorfa, de múltiples rexistros (do western apocalíptico ao relato de iniciación) que se ensamblan nunha estrutura de sinfonía atonal. Novela de límites, de cuestións definitivas, da man dun autor que concibe a literatura como laboratorio de experimentación artística e discurso indagatorio no bosque do real”.
Podedes ver mais cousas do libro no video de presentación ou ler aquí o primeiro capitulo.