Relatos

A partir de agora comenzamos unha nova sección no blog que treará relatos e outras achegas de amigos da librería.

Para empezar imos ir poñendo alguns contos que nos envían María L. Abuide e Luisa Rodríguez Novelúa. Estas dúas xornalistas luguesas levan tempo trallando nos seus blogs que dende aquí recomendamos. Con el cielo a favor’ e ‘A nadie le amarga un cuento’.

 

Invitámosvos a que as sigades aquí e nos seus blogs.

 

Presentación de O bosque é grande e profundo

Imaxe Hoxe, mércores 27 de novembro de 2013, preséntase na nosa librería o libro O bosque é grande e profundo do autor lugués Manuel Darriba.

No acto contaremos coa participación de Xabier Cordal, Fran Alonso e o propio Manuel Darriba.

Tal e como comentan na contracapa do libro, “O bosque, eido primario onde a natureza impón o seu poder, está a ser penetrado por hordas de refuxiados de guerra. Proceden da Cidade, trasunto de civilización sepultada baixo a barbarie. Dous irmáns-paradigma, Hans e Greta, encarnan de seu a aprendizaxe da crueldade e o asedio á inocencia. Obra polimorfa, de múltiples rexistros (do western apocalíptico ao relato de iniciación) que se ensamblan nunha estrutura de sinfonía atonal. Novela de límites, de cuestións definitivas, da man dun autor que concibe a literatura como laboratorio de experimentación artística e discurso indagatorio no bosque do real”.

Podedes ver mais cousas do  libro no video de presentación ou ler aquí o primeiro capitulo.

Presentación de “EL ANFITRIÓN, EL COCINERO Y EL ARTE DE CONTAR HISTORIAS DE VIVA VOZ” de José Campanari

O venres, día 15 de novembro de 2013, levouse a cabo a presentación de “EL ANFITRIÓN, EL COCINERO Y EL ARTE DE CONTAR HISTORIAS DE VIVA VOZ” de José Campanari.

Acompañaron ao autor Ana Carreira, Paula Carballeira e Quico Cadaval; sen dúbida uns dos mellores narradores deste pais.

Dende a librería, como anfitrións desta xuntanza, estamos encantados de que o noso gran amigo José Campanari, escollese Trama para presentar o seu primeiro libro de teoría.

Autor: José Campanari

Portada Campa Anfitrión

Prólogo: Quico Cadaval

Colección: en Teoría

Editorial: Palabras de Candil

 

 

 

 

Sobre o libro comentan na editorial Palabras de Candil:

“En este nuevo libro de teoría (el quinto de nuestra colección), José Campanari presenta una propuesta muy sugerente que, partiendo del paralelismo cuentos (alimento para el alma)–comida (alimento para el cuerpo), desarrolla todo un aparato teórico y reflexivo sobre el hecho narrador.

Además de todo el aparato de reflexión (y práctica) el libro cuenta con un prólogo de Quico Cadaval, un anexo con la mirada del espectador (entrevista a José Luis Romano), y una bibliografía personal del autor.”

 

Máis información en

http://www.palabrasdelcandil.com/Colecciones.htm

http://www.campanari.blospot.com

http://www.labcampanari.blogspot.com.es/

Club Mini Trama. Aberto o prazo de inscripción.

Por segundo ano comenzamos co noso club de lectura para primeiros lectores, co Club Mini Trama.

Logo da boa acollida que tivo o ano pasado, abrimos de novo o prazo para apuntarse.

O club de lectura é unha iniciativa da librería Trama destinada a nenos e nenas de entre 5 e 8 anos na que contamos con Fátima Fernández, unha profesional de recoñecida traxectoria no mundo da animación a lectura.

As xuntanzas son dous venres ao mes na nosa librería.

Se queredes máis información enviádenos un correo a libreriatrama@mundo-r.com ou pasade pola librería.

Imaxe