Quincena de Norma Editorial na Librería Trama

Durante as próximas dúas semanas celebramos a Quincena de Norma Editorial na Librería Trama.  Para celebralo temos de agasallo unha preciosa bolsa de Corto Maltés pola compra de dous exemplares da editorial. FRISO FACEBOOK QUINCENA LIBRERIA TRAMA

Ademais tamén organizamos o SORTEO NORMA EDITORIAL​ LIBRERÍA TRAMA!!!!

Queremos agasallar a dúas persoas co libro MAD MEN. SU MUNDO ILUSTRADO
Para participar no sorteo hai que seguir as seguintes instrucións:

  1. Vir a Trama e buscar un cómic de Norma Editorial.
  2. Achegarse ata o noso probador e poñerse cómodo.
  3. Sacar unha foto co cómic no probador (non fai falta pao de selfie, podémoscha sacar nós).
  4. Poñela nas redes sociais e darnos permiso para que a poñamos no noso facebook, twitter…
  5. Entre tódalas fotos sortearemos un par de exemplares de Mad Men. Su Mundo Ilustrado.
  6. Como é a unha quincena, tedes ata o día 20 de xuño para colgar as fotos e o
    nós faremos o sorteo o vindeiro día 22 (aproveitando que é feira en Rábade).

Moita sorte e a ler cómic! 

20150605_105343

20150605_105322

Deixar un comentario