Quincena de Norma Editorial na Librería Trama

Durante as próximas dúas semanas celebramos a Quincena de Norma Editorial na Librería Trama.  Para celebralo temos de agasallo unha preciosa bolsa de Corto Maltés pola compra de dous exemplares da editorial.  Ademais tamén organizamos o SORTEO NORMA EDITORIAL​ LIBRERÍA TRAMA!!!! … Seguir lendo

Relatos

A partir de agora comenzamos unha nova sección no blog que treará relatos e outras achegas de amigos da librería.

Para empezar imos ir poñendo alguns contos que nos envían María L. Abuide e Luisa Rodríguez Novelúa. Estas dúas xornalistas luguesas levan tempo trallando nos seus blogs que dende aquí recomendamos. Con el cielo a favor’ e ‘A nadie le amarga un cuento’.

 

Invitámosvos a que as sigades aquí e nos seus blogs.

 

Presentación de O bosque é grande e profundo

Imaxe Hoxe, mércores 27 de novembro de 2013, preséntase na nosa librería o libro O bosque é grande e profundo do autor lugués Manuel Darriba.

No acto contaremos coa participación de Xabier Cordal, Fran Alonso e o propio Manuel Darriba.

Tal e como comentan na contracapa do libro, “O bosque, eido primario onde a natureza impón o seu poder, está a ser penetrado por hordas de refuxiados de guerra. Proceden da Cidade, trasunto de civilización sepultada baixo a barbarie. Dous irmáns-paradigma, Hans e Greta, encarnan de seu a aprendizaxe da crueldade e o asedio á inocencia. Obra polimorfa, de múltiples rexistros (do western apocalíptico ao relato de iniciación) que se ensamblan nunha estrutura de sinfonía atonal. Novela de límites, de cuestións definitivas, da man dun autor que concibe a literatura como laboratorio de experimentación artística e discurso indagatorio no bosque do real”.

Podedes ver mais cousas do  libro no video de presentación ou ler aquí o primeiro capitulo.