Quincena de Norma Editorial na Librería Trama

Durante as próximas dúas semanas celebramos a Quincena de Norma Editorial na Librería Trama.  Para celebralo temos de agasallo unha preciosa bolsa de Corto Maltés pola compra de dous exemplares da editorial.  Ademais tamén organizamos o SORTEO NORMA EDITORIAL​ LIBRERÍA TRAMA!!!! … Seguir lendo

Relatos

A partir de agora comenzamos unha nova sección no blog que treará relatos e outras achegas de amigos da librería.

Para empezar imos ir poñendo alguns contos que nos envían María L. Abuide e Luisa Rodríguez Novelúa. Estas dúas xornalistas luguesas levan tempo trallando nos seus blogs que dende aquí recomendamos. Con el cielo a favor’ e ‘A nadie le amarga un cuento’.

 

Invitámosvos a que as sigades aquí e nos seus blogs.

 

A LIBRERÍA TRAMA CUMPRE 15 ANOS

A LIBRERÍA TRAMA CUMPRE 15 ANOS
O día 24 de maio de 1997, día dos Milagres, a librería Trama abriu as súas portas. Esta semana facemos os 15 anos e temos preparadas algunhas actividades para celebralo.
Mércores, 23 de maio ás 20:00
Para empezar, o mércores ás 20:00, temos a presentación do libro DEIXAME ANCORAR, do poeta lugués Iago Rodríguez Yáñez. O libro foi publicado pola editorial Toxosoutos na súa colección Letra Inversa. Para a presentación contaremos coa compaña do autor e máis de Carlos Gegúndez.
Xoves, 24 de maio ás 20:00
Desta volta contamos con Xerardo Quintiá, un bo amigo da librería que nos ven presentar a súa última obra titulada HOTEL CIDADE SUR, editado por Galaxia.
Acompañarán ao autor Arturo Ponte, representante da editorial, e Miguel-Anxo Murado, escritor.
Venres, 25 de maio ás 20:00
MALETA CUATRO ESTACIONES – performance de evocación oral de y por Campanari (contador de historias)
dirixido a público adulto
duración: 70 minutos
Si alguén ten algún botón que coser so ten que traer a prenda, o botón e o fío. Eu poño a agulla, a acción e a memoria.
Puntada a puntada abriremos a porta ao fluír da memoria para ter una charla íntima co  público. Un avó inmigrante, un neto desorientado, unha serie de lembranzas que se van entrelazando sen ton ni son. Anécdotas que se mesturan na memoria  estimulada polo facer, polo tempo compartido. Unha viaxe polas emocións. Moitas cousas que contar, moitas prendas soltas gardadas na maleta que fun enchendo dende o momento de nacer. Dese nacer nun frío inverno da cidade de Buenos Aires e que so meu avó italiano soubo comprender que estaba nacendo un estranxeiro máis. Un estranxeiro que un día andaría coa súa maleta catro estacións polo mundo tratando de reconstruir a súa historia.
Sábado, 26 de maio ás 12:00
Contacontos infantil – Jam Session
O sábado a partir das 12 recibiremos a visita de varios narradores, todos eles amigos da librería Trama. Unha sesión na que esperamos que a mestura de todos eles dea como resultado unha sesión de contos e inesquecible.

Día da muller

O pasado día 8 marzo, co gallo do Día da Muller, o noso amigo Leandro Barea presentou na librería unha serie de pósters con caricaturas de escritoras internacionais (Patricia Highsmith,  Virginia Woolf, Pardo Bazán, Rosalía…). 

O formato dos pósters é o A3, e podedes adquirilos na libraría.